ASOCIACIÓN DE FAMILIAS DE PERSNOAS CON TRASTORNOS DE LA COMUNICACIÓN SOCIAL:
Enlace de la Universidad de Vigo:
DUVI.
A entidade fixo a súa presentación pública este xoves no campus de
Ourense coa participación de María Lameiras, vicerreitora do campus;
Manuel Ojea, presidente da Asociación Trascos, catedrático de
Orientación Educativa e docente da Universidade de Vigo; Cipriano Luis
Jiménez, vicepresidente da Federación de Autismo de Galicia, director
xeral da Fundación Menela de Vigo e médico psiquiatra; Erika Sousa,
vicepresidenta da nova asociación e nai dunha nena con TCS, e Paula
Carreiro, secretaria de Trascos, profesora de Pedagoxía Terapéutica e
doutoranda da Universidade de Vigo. O acto contou ademais coa presenza
do Agustín Fernández, alcalde da cidade, e de José Fisteos, xefe de
Inspección Educativa de Ourense, entre outras persoas.